lunes, 26 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA


O venres, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía na biblioteca cunha serie de actividades nas que o alumnado, ademais de coñecer un pouco mais da vida o obra desta ilustre escritora, puxo en práctica as súas capacidades literarias, artísticas e musicais.



No seguinte enlace podedes acceder ao visionado do vídeo co resume da actividade:

Biblioteca Escolar | CEIP PLURILINGÜE XUÑO (xunta.gal)

domingo, 29 de octubre de 2023

Celebración do Día das Bibliotecas

 

Como xa sabedes, este martes 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas. Para conmemorar este día tan especial, dende o cole de Xuño aproveitamos para presentarlles  ao noso alumnado algunhas das novidades que a biblioteca lles ten preparadas para o presente curso escolar.

A primeira gran novidade foi a presentación da Candela, “unha gharza moi gharzuda da lagoa de Xuño”, que vai ser a partir de agora a nova nosa mascota e axudante na  biblioteca.

Candela colaborou, por exemplo, no deseño do logo oficial da biblio (máis ben exixiu ser a protagonista). Así nos quedou, esperamos que vos guste.

Tamén se encargou de  traer a primeira escolla de libros do curso 2023-24. Agardamos que sexa a primeira de moitas.

Pero Candela quería que os menos e nenas do cole coñeceran a súa historia, así que, xunto cos libros, había unha carta escrita do seu “pico e letra” na que contaba como acabou cativada polos libros e colaborando con nós na biblioteca. Dous alumn@s de 6º foron os encargad@s de darlle voz a Candela, contando a súa historia, nun acto que tivo lugar na biblioteca e no que participou todo o alumnado do cole. Moitas grazas pola vosa participación!

Para rematar e, aproveitando que xa estamos ás portas da festividade do Samaín (ou Halloween), lle tiñamos preparada unha última sorpresa ao alumnado, “un agasallo terrorífico”. 

Todo o alumnado recibiu o seu marcapáxinas personalizado, co seu nome e o número de lector para que o teñan sempre presente. Agardamos que lles dean moito uso!














 

 

 

 

 

 

 



lunes, 18 de septiembre de 2023

PLAMBE

Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coa relación dos centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) no curso 2023-2024. 

Temos o pracer de informarvos de que que o CEIP Plurilingüe Xuño é un dos centros seleccionados e, polo tanto,  incorporarase ao PlAMBE no presente curso. 

A integración do centro neste programa supón un gran impulso para a nosa biblioteca escolar e nos permitirá ampliar e mellorar a oferta fondos, recursos e servizos para toda a comunidade educativa.

domingo, 17 de septiembre de 2023

COMEZAMOS...

Benvidos/as ao blogue da bilbioteca do CEIP Plurilingüe Xuño. Aquí atoparedes información relacionada coa nosa biblioteca: noticias de interese, recursos educativos, servizos ofertados, actividades e proxectos desenvolvidos, etc. 

Queremos contar co voso apoio e colaboración, recorrendo xuntos esta andaina, e converter este blogue nun verdadeiro espazo de encontro para toda a comunidade.